Carballo, Costa da Morte. Carballo, capital e epicentro da Comarca de Bergantiños. Carballo, cruce de camiños. Carballo, mar, lagoa e espazos naturais. Carballo e as súas xentes. Carballo, singular e diferente. Carballo, vórtice de vida onde se ergue con luminosidade o Centro de Día; fogar e refuxio de cada unha das persoas que nel conviven: unha gran familia, que se entende, se valora, desfruta en compañía e onde cada defecto se converte en virtude. Fortaleza e cariño, apoio e emoción, van unidas da man. Cada pequeno detalle conta, cada pequeno detalle É VIDA.

O noso Centro é, por tanto, como unha segunda casa: as instalacións son alegres, motivadoras, acolledoras e familiares; centrando a súa esencia nas vistas, a través da amplitude das ventás, na natureza, con esas plantas que con tanto esmero e mimo coidamos, e na cultura, coa nosa propia biblioteca. Resaltamos a nosa gran meta en común: o benestar das persoas usuarias, das súas familias e das profesionais do Centro.

O Equipo, sempre unido, remando na mesma dirección, aporta o seu benfacer con un ingrediente secreto: tratar ós/ás demáis como nos gustaría ser tratados/as, con esforzo e constancia para que todo saia adiante e ben.